OV430

19mar21:0021:32Vibra Mahou trae a Vigo os directos de Anabel Lee, Niños Bravos e RepionCONCERTOS | Desde 21,00 €21:00 - 21:32(GMT+01:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

O ciclo de concertos Directos Vibra Mahou, impulsado pola plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas, visitará diferentes salas de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña con bandas consolidadas do panorama nacional.

Directos Vibra Mahou botará a andar no mes de febreiro cunha actuación de Anabel Lee o sábado 21 en Island Club, acompañada de Niños Bravos. Anabel Lee, a banda de indie punk integrada por Víctor Mejías, Albert Perdices (Perdi), Jordi Orellana e Vio, amosará o seu directo desgarrador, coidando ao máximo a súa imaxe e estética para que todo encaixe en harmonía, pero sen esquecer o seu punto forte: o directo. En Vigo farano da man de Niños Bravos, o supergrupo formado por Nacho García, Rita Dolores, Dani Belenguer e Miky Llaguno, cun ritmo elocuente, garaxeiro e con melodías que lembran o alt-pop melódico.

As entradas custan 16,50 € e están á venda aquí:
https://www.universe.com/events/anabel-lee-y-ninos-bravos-directos-vibra-mahou-vigo-tickets-X9W473

O 19 de marzo, na Sala Supersonic, chega a quenda de Repion, que aterra en Galicia cun directo que reflicte a súa sinal de identidade. O dúo cántabro, formado polas irmás Marina e Teresa Iñesta, presentará os temas do seu novo disco, “201”, demostrando que a súa principal baza é o directo. Con Teresa á batería e Marina á guitarra, enriba do escenario son imbatibles, fusionando as voces coma se fosen unha soa.

As entradas custan 21,10 € e están á venda a través de:
https://www.mahou.es/experiencias-mahou/vibra/agenda

Hora

19 marzo, 2026 21:00 - 21:32(GMT+01:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events