outubro, 2019

26out12:0023:59Vibra Mahou FestFESTIVAIS E FEIRAS | Entradas esgotadas12:00 - 23:59 Mar de Vigo

Máis

Detalles do evento

Abonos esgotados.

Vibra Mahou Fest encherá Vigo da mellor música o próximo 26 de outubro. O Auditorio Mar de Vigo acollerá, durante todo o día, un festival onde a música terá un papel protagonista. Coñecidos artistas como Novedades Carminha, Xoel López, Carlos Sadness, Zahara e Sidonie DJ Set encabezarán un cartel que se completará con actuacións de bandas como Eladio y los Seres Queridos, Escuchando Elefantes, Villanueva ou Allova. Ademais, non faltarán unha Zona de Talleres, na que os asistentes poderán poñerse en mans dunha experta en body paint ou facerse a súa propia camiseta, entre outras actividades de lecer; e unha Zona Gastro con foodtrucks na que degustar sabores de diferentes lugares do mundo.
Por último, no contexto de Vibra Mahou Fest, celebrarase a final da batalla de bandas Mahou-Estudos Mans, na que participarán os grupos seleccionados polo xurado nas dúas roldas previas que se celebraron durante o verán en Atlantic Fest e o Festival da Luz. Esta iniciativa, forma parte da colaboración entre Mahou e a Fundación Paideia para impulsar o talento emerxente e o emprendemento.

Sesión Mediodía (12:00 – 17:00 horas)
 12:00 horas. Sesión DJ
 12:30 horas. Villanueva
 13:10 horas. Sesión DJ
 13:30 horas. Escuchando Elefantes
 14:15 horas. Sesión DJ
 14:35 horas. Eladio y los Seres Queridos
 15:20 horas. Sesión DJ
 15:40 horas. Xoel López

Sesión noite (19:00 – 02:30 horas)
 19:00 horas. Sesión DJ
 19:20 horas. Allova
 19:50 horas. Sesión DJ
 20:10 horas. Zahara
 21:40 horas. Sesión DJ
 22:00 horas. Carlos Sadness
 23:30 horas. Sesión DJ
 23:50 horas. Novedades Carminha
 01:20 horas. Sidonie DJ SET

Hora

(Sádado) 12:00 - 23:59

Lugar

Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo, Pontevedra

X