setembro, 2019

21setalldayViaxes no Bus Turístico 'O Cometa'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde(Todo o día) Mirador Paseo Alfonso XII

Máis

Detalles do evento

Co obxectivo de conmemorar un ano máis o Día Europeo sen coches que terá lugar o domingo 22 de setembro, Vitrasa sacará á rúa o seu Bus Histórico “O Cometa”, símbolo da compañía pertencente á primeira frota que se presentou en Vigo no ano 1968. O obxectivo é que as viguesas e vigueses poidan coñecer un pouco máis da historia da compañía. Trátase dunha nova oportunidade para disfrutar deste vehículo histórico que tanta expectación xera cada vez que sae á rúa.

O Bus Histórico “Cometa” será de balde durante toda a fin de semana (21 e 22 de setembro). O percorrido arrancará do Paseo de Alfonso ás 10:30 horas con saídas cada 30 minutos ata as 14:00 horas e dende as 16:30 ás 20:00 horas (derradeira saída). O “Cometa” realizará o seguinte percorrido: Porta do Sol, Policarpo Sanz, García Barbón, Rotonda Miragaia, Rosalía de Castro, Inés Pérez de Ceta, Areal, Colón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e Paseo de Alfonso. A capacidade máxima durante a viaxe será de 4 persoas ao tratarse dun vehículo histórico.

As rutas do bus turístico partirán da parada de bus do C.C. A Laxe ás 10:00, ás 12:00, ás 16:30 e ás 18:30 horas.

Como novidade deste ano, o billete do bus turístico e do Cometa haberá que reservalo online e introducindo o número da Pass Vigo. Fai click aquí para coller o teu.

Hora

setembro 21 (Sádado) - 22 (Domingo)

Lugar

Mirador Paseo Alfonso XII

Paseo de Alfonso XII, 3, 36202 Vigo, Pontevedra

X