Viaxes gratis no Cometa – A Movida

setembro, 2018

22set10:0014:00Viaxes gratis no CometaSEMANA DA MOBILIDADE | De balde10:00 - 14:00 Mirador Paseo Alfonso XII

Máis

Detalles do evento

Do 16 ao 22 de setembro celébrase en toda Europa a Semana da Mobilidade, unha campaña dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sustentables como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé.

Unha das actividades desta semana será a posibilidade de dar un paseo gratuíto no Cometa, o primeiro Vitrasa da historia, símbolo da compañía e presentado en 1968. Será o sábado 22, coincidindo co Día Europeo sen Coches. A pesar de ser de balde, é necesario reservar praza, xa que o vehículo só ten capacidade para 20 persoas. O traxecto arrincará no Paseo de Alfonso, e fará un breve percorrido por Policarpo Sanz, García Barbón e Isaac Peral. Os horarios para realizar esa viaxe serán de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00.

Hora

(Sádado) 10:00 - 14:00

Lugar

Mirador Paseo Alfonso XII

Paseo de Alfonso XII, 3, 36202 Vigo, Pontevedra

X