Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo celebra a sexta edición do PercusiónFest. Auditorio Martín CódaxXoves 23 de Abril20:00 Horas
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo celebra a sexta edición do PercusiónFest.
Auditorio Martín Códax
Xoves 23 de Abril
20:00 Horas
CONCERTO: KATARZYNA MYĆKA (MARIMBA)
A crítica cualificou a Katarzyna como «a que baila coas baquetas» e «unha solista de incrible perfección rítmica con técnica perfecta». Tras formarse en piano e percusión, descubriu a marimba como un medio ideal de comunicación musical, perfeccionando os seus estudos en Gdansk, Stuttgart e Salzburgo.
Desde 2018 Katarzyna é profesora titular na Academia de Música St. Moniuszko en Gdansk (a súa cidade natal en Polonia) e en 2003 fundou a «Academia Internacional de Marimba Katarzyna Myćka».
Recibiu numerosos primeiros premios e recoñecementos en concursos internacionais, acompañados de importantes bolsas e invitacións para impartir clases maxistrais nos Estados Unidos e en varios países de Asia e Europa. Publicou oito gravacións.
A súa carreira como concertista inclúe actuacións como solista nos festivais máis famosos do mundo (Osaka, Linz, Minneapolis), conxuntos de cámara (con Conrado Moya) e colaboracións con prestixiosas orquestras europeas e americanas.
Katarzyna foi nomeada «Embaixadora da Arte da Percusión» pola Sociedade Polaca das Artes debido ao seu traballo na popularización da marimba e compromiso coa formación de novos músicos.
PROGRAMA
A Determinar
Hora
23 abril, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra


