GFFF

VI Intervención Artística Urbana APAMP

15xuñ11:0020:00VI Intervención Artística Urbana APAMPARTE E MUSEOS | De balde11:00 - 20:00

Detalles do eventos

APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral) celebra a súa VI Intervención Artística Urbana baixo o nome “Patelando na Rúa”. A finalidade é a creación, coa axuda de toda a cidadanía viguesa, dunha obra artística colectiva na varanda situada no Paseo de As Avenidas, fronte ao RC Náutico de Vigo.

“Patelando na rúa” é un proxecto de recuperación e reinterpretación da cestería tradicional, recuperando “A PATELA”, cesta cadrada elaborada con tiras de madeira que as peixeiras empregaban para transportar e exhibilo peixe.

Queren rendir unha homenaxe á cestería de madeira, unha tradición en extinción pola aparición do plástico, que foi substituíndo aos recipientes que antes empregaban os nosos e as nosas antepasadas, mantendo o noso compromiso e apostando pola creación contemporánea desde unha perspectiva local e etnográfica.

Ata a data, colaboraron neste proxecto o alumnado do CEIP Castelao que axudou a elaborar parte dos paneis de patelado que confeccionaron. E o Grupo Finsa, que nos cedeu as láminas de madeira, material fundamental da técnica empregada.

Será ao longo día, entre as 11:00h ata las 20:00 horas, ata completar a lonxitude da varanda fronte ao RC Náutico. Haberá un gran número de actuacións que amenizarán esta xornada de convivencia e arte colectiva.

Máis

Hora

(Xoves) 11:00 - 20:00

Localización

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra