
23abr17:00VI GALA CONTRA EL CANCER INFANTIL BICOS DE PAPELPEQUECHOS | Desde 5,00€17:00 Mar de Vigo
Detalles do eventos
Como cada ano, Bicos de Papel organiza unha gala, este ano celebrarase o 23 de abril ás 17:00 no Auditorio Mar de Vigo. A partir das 16:00 haberá
VI GALA CONTRA EL CANCER INFANTIL BICOS DE PAPEL
Como cada ano, Bicos de Papel organiza unha gala, este ano celebrarase o 23 de abril ás 17:00 no Auditorio Mar de Vigo. A partir das 16:00 haberá animación infantil no hall do auditorio (Spiderman, Galicia Squad, pintacaras e moitas sorpresas máis) e despois espéranos unha tarde na que poderemos gozar do mestre de cerimonia, Óscar Martínez e actuacións de Ollo Piollo, Carmen Ruíz, Mago Rey Midas, Visions of Johanna e Jamming.
Queres asistir á Gala? A entrada é de 10€/adulto e de 5€/neno. Envía o xustificante da doazón a asociacionbicosdepapel@gmail.com indicando a doazón efectuada e número de entradas diferenciando cantas de adulto e cantas de neno solicítanse.
A recadación de fondos será destinada ao Programa de apoio sociopedagógico:
A ONG chegou a un acordo de colaboración con Conversa Sicoloxía xa que os problemas aos que teñen que enfrontarse l@s niñ@s son de diferente índole: emocionais, sociais, psicolóxicos,….O servizo profesional está a cargo de Conversa, centro de Sicoloxía, e facilita o acceso á terapia con atención preferente en consulta e, previa valoración da necesidade, en domicilio, hospital e en liña.
Este proxecto ten un custo aproximado duns 13.000€. A Delegación da Fundación Mediolanum apoia o labor de ONG que axudan a nenos e nenas a conseguir un futuro mellor.
- Se o reto recada entre 2.000€ e 24.999€ para a ONG a Fundación Mediolanum en España dobrará a recadación conseguida entre mínimo 2.000€ e máximo 5.000€.
- Se o reto recada máis de 25.000€ para a ONG a Fundación Mediolanum en España dobrará os primeiros 10.000€. Entre todos podemos conseguilo!
Mediolanum Aproxima ten como obxectivo crear unha rede de compromiso social activo entre as ONG, os Clientes e Banco Mediolanum para ter un impacto real e tanxible na sociedade española. A suma de pequenos xestos, esforzos e intencións pódense converter nunha forza imparable e, no actual contecto económico, imprescindible.
O domingo 23 de abril, de 17:00 a 20:00 horas no Auditorio Mar de Vigo. Entradas e doazóns aquí.
Máis

(Domingo) 17:00