FAITE AMOVIDALOVER

21feb17:30Enterro da rincha en BouzasAS NOSAS FESTAS | DE BALDE 17:30(GMT+01:00) Alameda de Bouzas

Detalles do eventos

Aínda que a programación municipal de Entroido remata o mércores 18 coas exequias funerarias do Meco e o desfile da súa comitiva a partir das 18:00 h na Porta do Sol, a festa continúa noutros barrios da cidade. A Asociación A Cultural de Bouzas ten programado para este sábado día 21 a VI edición do seu particular enterro da rincha.

O velorio comezará ás 17:00 h no palco da música da Alameda de Bouzas e a comitiva sairá ás 17:30 h polas rúas do casco vello cara á praia do Adro, onde se dará lectura ao testamento da Rincha e ás críticas do ano, para logo dirixirse ao peirao de barcos tradicionais e dar comezo a comitiva marítima. O acto estará acompañado pola Charanga SDK (Sempre de Kachondeo) de Guláns, terra de músicos, e contará, como sempre, coa colaboración da Asociación de Mariñeiros Tradicionais e Artesanais San Miguel de Bouzas.

Hora

21 febreiro, 2026 17:30(GMT+01:00)

Localización

Alameda de Bouzas

Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra

Other Events