VI Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple – A Movida

outubro, 2018

28out11:08VI Carreira Solidaria pola Esclerose MúltipleCARREIRA | Desde 3,00€11:08 Alameda de Bouzas

Máis

Detalles do evento

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), baixo o control técnico de Laptime Cronometraxe de Eventos Deportivos, organiza a VI Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple.

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) naceu o 16 de Outubro de 1996 coa misión de axudar, informar e mellorar a calidade de vida dos afectados de esclerose múltiple e o seu entorno. Dende os seus comezos, AVEMPO configurouse como unha organización sen ánimo de lucro e adherida á Asociación Española de Esclerosis Múltiple (AEDEM).

Como socios de AVEMPO, tódolos afectados de esclerose múltiple da provincia contan cun espazo onde centrala busca de solucións e compartir as súas preocupacións con outras persoas coa mesma enfermidade. Na sede da asociación, eixo da nosa labor, tódolos socios que o precisan e desexan poden obter información e beneficiarse dos servizos que ofrece AVEMPO: fisioterapia, logopedia, psicoloxía, terapia ocupacional, traballo social, ioga, pilates e pintura.

Tras moitos anos de loita, a redución de axudas que vimos sufrindo por mor da crise económica nos últimos tempos, fai que a participación social e solidaria con entidades como a nosa sexa máis importante e necesaria ca nunca. Precisamos axuda, a túa axuda.

A proba celebrarase o domingo 28 de Outubro, ás 11:00 horas.

O circuíto terá o seguinte trazado: Rúa Pescadores – Rúa Eduardo Cabello – Av. Beiramar – Rúa
Jacinto Benavente – Rúa Coruña – Rúa Tomás A. Alonso.
A saída e a meta situaranse no mesmo lugar, a Alameda Suárez Llanos( Bouzas).

Dúas modalidades opcionais:
– ANDAINA (Non competitiva, non cronometrada): Unha volta ao percorrido. Total: 5050 m.
– CARREIRA (Competitiva, cronometrada): Dúas modalidades opcionais:
→ 5K: Unha volta ao percorrido. Total: 5050 m.
→ 10K: Dúas voltas ao percorrido. Total: 10100 m.

* Importante: os corredores da carreira 10K NON teñen que entrar na Alameda Suárez Llanos na segunda volta, xirarán directamente cara a Rúa Pescadores.

A cota de inscrición será de:
ANDAINA:
→ Menores de 8 anos: 3 €.
→ A partir dos 8 anos: 6€

CARREIRA:
→ 5K: 8 € para tódalas categorías.
→ 10K: 10 € para tódalas categorías.

Máis información e regulamento en:
https://drive.google.com/file/d/1wxHtuLe0AUg_fosXVfZ7zE9Gh9_jz1XH/view

Inscripcións ata ao 24 de outubro:
https://laptime.es/eventos/vi-carreira-solidaria-pola-esclerose-multiple-2/

As 300 primeiras persoas en tramitar a inscrición NA MODALIDADE DE CARREIRA, recibirán como agasallo unha camiseta técnica da carreira, que se lle entregará no momento da recollida do dorsal.

As 100 primeiras persoas en tramitar a inscrición NA MODALIDADE DE ANDAINA, recibirán como agasallo unha mochila que se entregará no momento da recollida do dorsal.

Hora

(Domingo) 11:08

Lugar

Alameda de Bouzas

Alameda Bouzas, 36208 Vigo, Pontevedra

X