agosto, 2019

02ago22:00Vetusta Morla, Xoel López e Furious Monkey HouseCONCERTOS | Desde 6,00 €22:00 Parque Castrelos

Máis

Detalles do evento

A banda madrileña Vetusta Morla é a nova confirmación para o Vigo en Festas deste verán en Castrelos. O grupo formado por Pucho (voz)’ David “o Indio” (batería e coros), Álvaro B. Baglietto (baixo), Jorge González (percusións e programacións), Guillermo Galván (guitarras e coros) e Juan Manuel Latorre (guitarras e teclados) chega a nosa cidade dentro da xira ‘Mismo sitio, distinto lugar’.

Vetusta Morla formouse en Tres Cantos a finais da década dos 90, pero foi no 2008 coa publicación do seu primeiro longo ‘Un día en el mundo’ que recibiron a gran acollida de público e crítica. Despois chegaron ‘Mapas’ (2011) e ‘La Deriva’ (2014) álbums cos que se consolidaron e levan percorrido boa parte do mundo.

Os madrileños estarán acompañados polo músico de rock-indie coruñés Xoel López e Furious Monkey House, a banda formada por cinco nenos e nenas e un mono rabioso.

Nacido na Coruña en 1977, Xoel López é un dos artistas máis representativos e influentes da nova canción española. Aínda que sempre se moveu entre os sons do pop-rock alternativo e o folk clásico, el defínese como un artista libre. E así o demostra. Xoel deixou atrás unha carreira exitosa e consolidada no seu país baixo o pseudónimo de “Deluxe” para, en xaneiro de 2009, cruzar o charco e empezar unha nova etapa no Continente Americano.

Furious Monkey House defínense así:

“Somos Mariña, Carlota, Amaya, Irene e Diego, un grupo de música de Pontevedra. Chamámonos Furious Monkey House, e claro, o nome débese a que connosco tamén toca un mono furioso.

Decidimos crear o grupo en marzo de 2014 porque nos apaixona a música, e aínda que teñamos entre 11 e 13 anos, recibimos formación musical e encántanos subirnos a un escenario e tocar.”

17 xullo Lauryn Hill
19 xullo Leiva
23 xullo Tom Jones
24 xullo Fangoria
26 xullo Rick Astley
27 xullo Coral Casablanca
29 xullo Roger Hodgson
1 agosto Thirty Seconds to Mars
2 agosto Vetusta Morla + Xoel López + Furious Monkey House
8 agosto David Bisbal

Nesta ligazón artigo e gráfica con todos os concertos do Vigo en Festas 2019 en Castrelos.

Hora

(Venres) 22:00

Lugar

Parque Castrelos

Av. de Castrelos, s/n, 36210 Vigo, Pontevedra

X