UNDERFEST

26out18:00Vértixe 13: Terra CansaCONCERTOS | De balde18:00(GMT+01:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

Un refuxiado ambiental é aquel que perdeu o seu territorio, a súa ecoloxía, o seu modo de vida e tivo que vagar polo mundo sufrindo discriminación e violencia. Vivimos nunha época na que os habitantes do planeta Terra non poden compartir a vida.

Cando a crise ambiental nunca antes enfrontada ameaza con facernos esquecer o horror de todas as guerras, cando a terrible crise das democracias liberais, que nunca deixan de producir pobreza e desigualdade, parece facer tremer os mellores valores de progreso, tolerancia e pluralismo que as sustentan, que nos queda?

É posible un encontro diferente entre culturas?; abandonar a arrogancia colonial occidental para escoitar as voces ignoradas doutros pobos?, recuperar sensacións perdidas e pensamentos esquecidos?, coñecemento precolonial, previo á escravitude, xenocidio e roubo de terras?

Novas formas de estar coa terra. O corpo e a terra.

Hora

26 outubro, 2025 18:00(GMT+01:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events