Verónica Codesal
28xul22:30Verónica CodesalCONCERTOS | -22:30(GMT+02:00) Fortaleza de Salvaterra de Miño
Detalles do eventos
Os pés en Bélxica, onde leva anos triunfando con diferentes proxectos, e a cabeza e o corazón en Galicia, de onde nace a súa inspiración e as súas
Detalles do eventos
Os pés en Bélxica, onde leva anos triunfando con diferentes proxectos, e a cabeza e o corazón en Galicia, de onde nace a súa inspiración e as súas raíces. Verónica Codesal regresa aos escenarios cun novo proxecto, 100 Voltas, no que fusiona as raíces galegas que a viron nacer como artista con influencias de todo o mundo, e no que envorca todo o seu talento compositivo, acompañada non só de grandes músicos, senón tamén de coñecidas voces da poesía galega contemporánea.
Tras o seu segundo posto en Eurovisión en 2003 representando a Bélxica como líder do proxecto Urban Trad, e con máis de dúas décadas sobre os escenarios ás súas costas, Verónica Codesal regresa agora ás súas raíces, figurada e fisicamente, cun disco que virará por Galicia entre o 24 e o 30 de xullo.
A voz galega universal
As raíces familiares e musicais de Verónica Codesal están en Galicia -os seus pais emigraron desde Guitiriz a Bélxica, país que a viu nacer en 1977-, e toda esa tradición envórcase en 100 Voltas dunha forma moi especial, con composicións que fusionan a tradición galega con diferentes influencias.
Acompañada dos belgas Didier Laloy ao acordeón diatónico e Damien Chierici ao violín, e do tongoleño Boris Tchango á percusión, Codesal constrúe un universo sonoro propio que bebe das fontes tradicionais galegas, e ao que incorpora ritmos árabes, do leste de europa, ou do folck-pop máis rítmico. A esas cancións tradicionais suma letras propias, e outras asinadas por algunhas das voces máis recoñecidas da poesía galega contemporánea, como Lucia Aldao, Yolanda Castaño, Rosalia Fernández Rial ou Brais Fernandes.
Tantas voces femininas responden a un claro obxectivo: deixar claro o compromiso da artista co feminismo, que se ve claramente reflectido nunhas letras nas que a muller é protagonista indiscutible.
Todo este espírito galego que impregna o proxecto levou a Verónica Codesal ha elixir Galicia como punto de partida para a presentación deste disco, na que será a súa primeira xira mundial.
Xira galega
100 Voltas chega o próximo 24 de xullo a Galicia, nunha mini xira moi especial coa que Verónica Codesal espera conectar co público galego dunha forma intensa pero tamén participativa, en directos que son capaces de converter nunha festa a experiencia.
- 25/07/2023 – 19:30 horas
- Patapalo
- Illa de Arousa
- 26/07/2023 – 20:30 horas
- Centro Cultural Ágora
- A Coruña
- 28/07/2023 – 22:30
- Fortaleza de Salvaterra de Miño
- Salvaterra de Miño
- 29/07/2023 – 22:00
- Parque de San Francisco
- Ribadeo
- 30/07/2023 – 21:30
- Praza da Quintana
- Santiago de Compostela
Máis
Hora
28 xullo, 2023 22:30(GMT+02:00)
Localización
Fortaleza de Salvaterra de Miño
Plaza de la Constitución, 1, 36450 Salvaterra de Miño, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualsetembro
Séguenos nas redes