
Detalles do eventos
Despois dun hiato de varios anos volve O Almacén Cultural nunha nova ubicación: o coworking Simia. Para presentar esta nova etapa e este novo espazo realizarán unha festa
Vermú de reinauguración d' O Almacén Cultural
Despois dun hiato de varios anos volve O Almacén Cultural nunha nova ubicación: o coworking Simia. Para presentar esta nova etapa e este novo espazo realizarán unha festa de reinauguración o sábado 14 a partir das 12:30. Alí poderás descubrir o catálogo de cursos, bailar cos DJ sets de Big Girrl e Pepinillo e Cacahuete, tomar algo con pinchiños de Outro Conto e coñecer ao equipo de persoas que estarán detrás de todos os cursos do novo Almacén Cultural. E seguro que algunha sorpresiña máis cae…
Desde o 14 a oferta formativa estará tamén dispoñible na súa web www.oalmacencultural.com Polo momento, se queres enterarte de todo, podes seguilos nas súas redes.

Máis

(Sábado) 12:30
Simia Espacio
Rúa de Alfonso XIII, 9 Vigo, Pontevedra