09nov13:00Vermú ComedyESPECTÁCULOS | Caixa inversa13:00(GMT+01:00) Café De Catro a Catro
Detalles do eventos
Vermú Comedy é unha programación de microteatro coa que os Denigrantes buscan sorprender e divertir ao público á hora do vermú. A través da ironía, o humor crítico
Detalles do eventos
Vermú Comedy é unha programación de microteatro coa que os Denigrantes buscan sorprender e divertir ao público á hora do vermú. A través da ironía, o humor crítico e os xiros inesperados, deixa ao descuberto a fraxilidade das emocións. Tras a actuación, os asistentes terán a oportunidade de participar nun fórum interactivo cos actores para compartir opinións e facer preguntas relacionadas co espectáculo.
Nesta ocasión interpretarán unha montaxe de 20 minutos: ‘Los enamorados y el camarero’, de Alberto San Juan, un romance que podería ser o noso… onde os silencios din tanto ou máis que as palabras.
Co fin de manter a integridade da experiencia teatral e lograr unha atmosfera envolvente e sen interrupcións, rogan puntualidade e advirten de que se pecharán as portas unha vez iniciada a función. O espectáculo, con entrada gratuíta a caixa inversa, está recomendado para maiores de 16 anos.
Hora
9 novembro, 2025 13:00(GMT+01:00)
Localización
Café De Catro a Catro
R. de Gerona, 16, Freixeiro, 36211 Vigo
Hoxe móvese
decembro



