VIALIA
bannerPicnicSesions

Vermú Astronómico solidario

14ago13:00Vermú Astronómico solidarioACTIVIDADES PARA O COCO | De balde13:00(GMT+02:00) Deilán praia

Detalles do eventos

Este domingo farán un vermú solidario, unha xornada diferente, cunha proposta de ciencia, sororidade e solidaridade. Esta rapaza é Elnaz Osmani, é de Afganistán, ten 17 anos e é astrónoma. Pouco, ou quizais moito temos que contar da situación de xente que non tivo a sorte, coma nós, de nacer na cara amable do mundo. Elnaz e a súa familia teñen xa os visados de refuxiados con protección internacional, e unha nova vida esperándoos en Galicia, grazas as redes tecidas e a colaboración de moitas mans de mulleres que simplemente queremos axudar a outra muller, perseguida por autoeducarse grazas a internet no mundo da Astronomía e a Astrofísica. Necesitamos recaudar o máximo posible para a axuda dos pasaxes da familia Osmani. Haberá unha charla de astronomía pola catedrática de Astrofísica da Universidade de Vigo, a posibilidade de que todos poidamos desfrutar de velo sol e entendelo cun telescopio solar, sorteo de libros, planisferios e fotos do marabilloso espazo exterior. Coa colaboración da @asociaciondemulleresdevilaboa haberá un xantar e un mercadillo tamén solidario.

Máis

Hora

(Domingo) 13:00(GMT+02:00)

Localización

Deilán praia

barciela 95 (14,14 km) 36142 Vilaboa

Other Events