>

Este é un evento repetitivo

01xul21:00Verbenas na CaridadeCONCERTOS | Desde 13,00 €21:00(GMT+02:00) A Casa da Caridade

Detalles do eventos

Segunda edición de Verbenas na Caridade, o ciclo de música organizado pola Orquestra Clásica de Vigo no único claustro barroco da cidade, que se atopa no interior da Casa da Caridade, unha institución histórica sita no alto do barrio do Berbés que centra o seu labor en atender ás persoas máis necesitadas de Vigo. Alí a orquestra revivirá a tradición da música lixeira de principios do século XX nun formato festivo que fusiona cultura, barra de bar, mercadiño benéfico e compromiso social.

A programación musical divídese en tres citas temáticas específicas:

  • Mércores 1 de xullo — Zarzuelas de Salón: Un percorrido instrumental polas zarzuelas de pequeno formato que foron deseñadas especificamente para ser interpretadas nos salóns da burguesía da época.
  • Mércores 8 de xullo — A Noite Recreada: Os valses, polcas, mazurcas e pasodobres que facían bailar ao sur de Galicia resoan de novo en formato de salón a través do piano de Alejo Amoedo.
  • Mércores 15 de xullo — Orquestina: Unha viaxe no tempo pola música que enchía de vida os emblemáticos cafés de Vigo na primeira metade do século XX da man da propia Orquesta Clásica.

ORQUESTINA:

O remate deste ciclo de concertos chegará con unha proposta na que exploraremos repertorios para orquestina na que se abordarán os vellos repertorios de música lixeira baixo a dirección e selección musical de Manuel Martínez Álvarez-Nava. Obras pensadas para o lecer do día a día nos nosos territorios nun momento anterior á música gravada e ás radiofórmulas no que a música en directo e as bandas, orquestra e instrumentistas de café constituían as únicas portas a través das cales asomarse á actualidade musical do momento. Obras de rápida escritura que se mesturaban cos grandes éxitos de cada momento que se interpretaban a diario neste contexto de lecer. Queremos poñerlle punto e final a esta segunda edición do ciclo cunha homenaxe a toda esta pequena gran música que queremos reivindicar.

A Casa da Caridade abrirá as súas portas os tres primeiros mércores do mes cos mesmos horarios para poder gozar do espazo con calma. A apertura de portas será ás 19:30 h para comezar a gozar da música ambiental, o ambigú e o mercadiño benéfico, mentres que os concertos arrancarán oficialmente ás 21:00 h, botando o peche ao remate dos mesmos.

As entradas para asistir ao ciclo teñen un prezo de 13 euros se se adquiren de xeito anticipado e de 15 euros no despacho de billetes o propio día do evento, sendo o acceso totalmente de balde para os menores de 16 anos

Hora

1 xullo, 2026 21:00(GMT+02:00)

Localización

A Casa da Caridade

Rúa de San Francisco, 69, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events