
Detalles do eventos
A Casa da Caridade, no barrio do Berbés, acolle a primeira edición de ‘Verbenas na Caridade’, un ciclo musical benéfico ofrecido pola Orquesta Clásica de Vigo que comeza
Detalles do eventos
A Casa da Caridade, no barrio do Berbés, acolle a primeira edición de ‘Verbenas na Caridade’, un ciclo musical benéfico ofrecido pola Orquesta Clásica de Vigo que comeza o 2 de xullo. Os tres primeiros mércores de xullo celébranse eventos nos que, ademais de música, haberá un mercado de artigos de segunda man e un servizo bar.
Unha proxección con música en directo, un cuarteto de saxos e unha actuación de orquestina, son as propostas que a Orquesta ofrece no que é o único claustro barroco de Vigo. Os beneficios recadados van dirixidos ao Comedor da Esperanza da Fundación Casa Caridade, que ofrece diariamente 150 comidas quentes e servizos de ropeiro, ducha e orientación socio-laboral a quen o precise.
A proposta nace dunha xuntanza entre Manuel Martínez, director técnico e fillo do fundador da Orquesta Clásica de Vigo (decana de Galicia); e Mª del Carmen Cornejo-Molíns, Presidenta do Patronato da Fundación Casa de Caridad de Vigo. O primeiro visitou o claustro nunha ocasión e considerouno un lugar excepcional para crear un acto festivo e benéfico. A Presidenta destaca que se trata do primeiro evento musical celebrado no patio porticado, unha construción histórica acorde co carácter de arquivo e memoria que define o repertorio da orquestra decana.
Os actos musicais xiran arredor das músicas de café do 1º terzo do s.XX, cun traballo de recuperación de partituras vellas para evocar os tempos onde a música era parte da experiencia cotiá e se gozaba exclusivamente en directo.
A programación é a seguinte
- Mércores 2 de xullo, 21:00 h: Canto de emigración. Proxección dos vestixios dun filme do ourensán Tony Román, datado no 1935. Trátase dunha produción de vangarda sobre o fenómeno da emigración galega. Non se conservou na súa totalidade, pero reconstruíuse a partir de imaxes, o argumento (narrado polo propio autor nunha revista da época), e a partitura composta por Teódulo R. Páramos para acompañar a proxección. A Orquesta Clásica de Vigo recuperou esta obra no 2022 nunha versión para a orquestra de café.
- Mércores 9 de xullo, 21:00 h: Rumbatenla. O cuarteto de saxofóns Kritis ofrece unha revisión dos xéneros populares durante a primeira metade do s.XX. Interpretarán pezas orixinais, grandes éxitos do momento e pezas preservadas nun arquivo personal.
- Mércores 16 de xullo, 21:00 h: Orquestina. Repertorio para pequena orquestra de música lixeira, en liña co carácter xeral da proposta, que evoca o lecer de comezos do século pasado.
Nas tres xornadas, o servizo de bar e o mercadiño comezan ás 19:30 h, e as portas pechan ás 23:00 h.
Manuel e Mª del Carmen coinciden na vontade de facer desta iniciativa un evento con futuras entregas, poñendo en valor tanto a labor da Orquesta como a labor da Fundación.
Os prezos son:
- Entrada xeral anticipada: 13,00 €
- Entrada xeral na porta: 15,00 €
- Entrada menores de 14 anos: gratis
- Donativo fila cero: desde 5,00 €
Podes comprar as entradas aquí:
Máis
Hora
16 xullo, 2025 19:30(GMT+02:00)
Localización
A Casa da Caridade
Rúa de San Francisco, 69, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual