Detalles do eventos
El Corte Inglés de Vigo celebra o Día Mundial da Poesía cunha programación única que reúne a máis de 20 poetas ao redor dunha semana
Detalles do eventos
El Corte Inglés de Vigo celebra o Día Mundial da Poesía cunha programación única que reúne a máis de 20 poetas ao redor dunha semana de celebración lírica.
Programación completa:
Luns 18 de marzo
Comeza a semana poética coa presentación/recital de Carlos Negro e Raquel Senra ao redor da súa obra ‘O tempo dos lagartos’, un libro que tenta ser un punto de sutura entre un tempo clausurado e unha expectativa de cambio. Ás 19:00 h. na librería do Corte Inglés de Vigo (planta 5ª).
Martes 19 de marzo
Masha Álvarez será a encargada de presentar e recitar poemas da súa obra ‘Dakota’, gañadora por unanimidade do XV Premio de Poesía Victoriano Taibo. Un poemario no que se destaca a memoria da infancia, os lazos familiares e os espazos compartidos coas mulleres e os homes que a precederon. Ás 19:00 h. na librería do Corte Inglés de Vigo (planta 5ª).
Mércores 20 de marzo
O poeta Xoan Pujales atoparase cos seus lectores na firma do seu libro ‘Descifrando el corazón’, un poemario que emana dos sentimentos dun adolescente calado e tímido, que lle axudou nos seus peores momentos e espera poida facelo tamén coas persoas que o lean. Ás 19:00 h. na librería do Corte Inglés de Vigo (planta 5ª).
Xoves 21 de marzo
A partir das 18.30 h, no Corte Inglés de Vigo (planta 7ª, restaurante) 20 poetas consagrados porán voz aos seus versos, ás súas emocións, nun maratón lírico ‘Verbas que alumean’, que axuntará poesía, recital, performance e música nun evento único. A artista multidisciplinar Ana Corzo; Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017; Charo Valcárcel do grupo poético pontevedrés de Vella a bela; a escritora e actriz Elba Pedrosa; Elena Lameiro, Elisabeth Oliveira, Grupo poético Desafiando sombras (Stella Maris, Patricia Rivas, Alicia Savaxe, Francisca da Silva); Isabel García, María Álvarez Landesa; a recoñecida actriz, directora, guionista e docente Mariana Carballal; Mercedes Sancho; o distinguida poeta Oriana Méndez; o poeta Samuel Merino; o indiscutible poeta e performance, Silvia Penas; Benito Piñeiro e Xoan Pujales, acompañados de viola e do violín do grupo musical Vagalume. Este maratón lírico está coordinado pola poeta Nila Álvarez Pousa.
Hora
18 marzo, 2024 18:00 - 21 marzo, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

