Este é un evento repetitivo

Ver as Perseidas desde o mar

12ago23:00Ver as Perseidas desde o marESPECTÁCULOS | 20,00€23:00(GMT+02:00) Porto de Vigo

Detalles do eventos

Os días 11 e 12 de agosto, a choiva de meteoros coñecida como Perseidas ou ‘Bágoas de San Lorenzo’ chegará ao seu punto de máxima intensidade e a Navieira Mar de Ons vai poñer en marcha un servizo especial para poder contemplar este fenómeno astronómico desde o mar. Os pasaxeiros que se somen á expedición terán a oportunidade de gozar a bordo da explicación dun guía, experto na materia, que os acompañará durante a viaxe. A embarcación poñerá rumbo cara a augas do Parque Nacional para buscar esa perspectiva privilexiada afastada das luces da cidade.

O servizo especial para observar a choiva de estrelas contará con saídas os dous días desde o porto de Cangas ás 22:30 horas e desde Vigo ás 23:00 horas e contará cunha duración aproximada de tres horas.

Os billetes para participar na expedición xa están á venda a un prezo de 20 euros para adultos e 10 euros para nenos de entre 3 e 12 anos. Os nenos de menos de 3 anos poden viaxar gratis.

Máis

Hora

(Mércores) 23:00(GMT+02:00)

Localización

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

Other Events