novembro, 2019

29nov18:00VENRES VERDEACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00 Espacio Nido

Máis

Detalles do evento

Este venres 29 de novembro ás 18:00, en Espacio Nido (Rúa Ferrería, 23), distintas marcas e proxectos que forman parte do colectivo de moda sustentable, FENTO, reuniranse para contraprogramar un ano máis o Black Friday, coa versión máis local do Green Friday, unha alternativa global ao consumismo desmesurado deste día e que en Vigo celebrarase baixo o nome de “VENRES VERDE”.

Varios proxectos de moda sustentable de Galicia terán cabida nesta iniciativa, como La Canalla, Adoptaunaprenda, OUI JANE!, Cetácea, Seiriz, Fenosita ou _DOX. A proposta de FENTO pasa por impulsar un diálogo activo entre consumidores e proxectos de moda, no que se dean a coñecer os criterios para unha confección ética, as estratexias de sustentabilidade e as alternativas ao modelo de fast fashion, que converteu ao sector téxtil no segundo máis contaminante do planeta.

Con estas accións, englobadas baixo o título Novembro Verde, pretenden achegar ao público diferentes pezas locais, responsables e artesanais que serán a alternativa ao fenómeno da moda desbotable, que adoita estar relacionada coa baixa calidade dos materiais, a deslocalización da produción e as pésimas condicións de traballo para quen as traballa.

Hora

(Venres) 18:00

Lugar

Espacio Nido

Rúa Ferrería, 25, 36202 Vigo, Pontevedra

X