GFFF

Venres de conto: 'Os tres porquiños e outros contos'

01out18:00Venres de conto: 'Os tres porquiños e outros contos'PEQUERRECHOS | De balde18:00

Detalles do eventos

Volven os contacontos infantís á libraría ‘Libros para soñar’ todos os venres de outubro ás 18:00h, para nenos maiores de 3 anos. Tamén volve ‘A hora das apertas’, as sesións especiais para bebés de 0 a 3 anos, que serán os mércores 6 e 20 de outubro. Ademais dos contacontos, a libraría ten preparadas outras actividades, coma presentacións de libros e unha exposición de ilustracións.

O primeiro venres de conto comeza o vindeiro 1 de outubro, cun repertorio de historias co lema ‘Os tres porquiños e outros contos’, no que destacan os relatos clásicos. Será coa narradora Bea Campos e o músico Manuel Pombal.

Para participar nas actividades fai falta reserva previa a través do correo electrónico lps@kalandraka.com a partir do martes anterior á actividade, co asunto ‘Venres de conto’.

Venres 1 ás 18:00

PROGRAMA

Puede ser una imagen de texto

Máis

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Libros para soñar

Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra