VEGANA

Venres da EMAO:"Na procura do son perdido. A zanfona na transición"

04out19:00Venres da EMAO:"Na procura do son perdido. A zanfona na transición"ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

Os “Venres da EMAO” retoman a súa programación neste novo curso 2024-2025 da man da especialidade Construción artesanal de instrumentos musicais (CAIM) Zanfona, coa proxección deste interesante documental, producido polo Consello da Cultura Galega, dirixido por Ramón Pinheiro Almuinha e realizado pola Central Folque.

Voces Ceibes, o Movemento da Canción Popular Galega, o celtismo, o espertar da Música Antiga, a investigación e rehabilitación do instrumental tradicional e histórico, as recollas dos cantos de transmisión oral … os principais movementos renovadores da música galega durante a Transición están atravesados por un interese pola música tradicional e en particular por un instrumento cun valor simbólico incontornable que vive durante o periodo unha particular atención polos novos intérpretes: a zanfona.

Máis