CONGRESO MAR >

05xuñ19:00Venres da EMAO: Xoias da Grecia AntigaACTIVIDADES PARA O COCO |De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

Se acolle unha nova sesión dos Venres da EMAO, nesta ocasión dedicada á ourivaría da antiga Grecia. Baixo o título Xoias da Grecia Antiga, a actividade propón un percorrido pola excelencia técnica e artística dos ourives gregos, analizando as súas técnicas de traballo, motivos decorativos e modelos estéticos, moitos dos cales seguen influíndo na xoiaría contemporánea.

A sesión estará presentada por Sandra de Jesus, mestra de Ourivaría da EMAO, e permitirá achegarse ao legado dunha das civilizacións máis influentes da historia a través das súas pezas de ourivaría.