UNDERFEST

07nov19:00Venres da EMAO: Tesouros da nosa vestimentaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

“Tesouros da nosa vestimenta”

Lera, muradana, manteleta, mandil de mostra… os arcóns dos nosos ancestros están cheos de tesouros que descoñecemos. A Ascoación Cultural Folclórica O Fiadeiro nace no ano 1996 co propósito de recoller, conservar e transmitir ás novas xeracións o legado da cultura inmaterial de tradición galega.

Bego Martínez, con obradoiro de vestimenta tradicional dende 1998 e directora de vestimenta da agrupación O Fiadeiro dende o 2000, participa neste faladoiro para espertar a curiosidade polo noso traxe.

Presentado por Emma González (mestra de Moda e confección da EMAO)
Data: 7 de novembro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

Máis información: https://emaonlinecovid.blogspot.com/