BIBOPALULA

13xuñ19:00Venres da EMAO: Si, é coiro19:00(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

A decoración do coiro forma parte do traballo deste material case desde o principio dos tempos. Na actualidade a creatividade no noso material está a pleno rendemento. As novas ferramentas dixitais incrementan as posibilidades de creación e a alta calidade da materia axuda a cruzar novas fronteiras.

Nesta aproximación porémoslle nome a esas técnicas e descubriremos elementos que alimentarán a nosa creatividade

Presentado por Pepe Pereira (mestre de Artesanía en coiro da EMAO)
Data: 13 de xuño de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

Máis