REVISTA ABRIL

16feb19:00Venres da EMAO: Raúl MayaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

“Soños e ensoñacións dun debuxante noctámbulo. Raúl Maya” A EMAO acolle desta vez a un debuxante formado aquí, na nosa Escola, Raúl Maya. Defínese como debuxante de bar, curtido en salas de concertos baixo barras con pouca luz, onde os noctámbulos contan as súas historias quizais con algunha copa de máis. Raúl é un escoitador de historias, historias que logo debuxa e fai súas. Eses ambientes nocturnos, hábitats de músicos, de poetas urbanos, de heroes da cultura subterfuxia, son o seu combustible, a súa inspiración e boa parte da súa temática. Contaremos ademais cun gran regalo en forma sonora: Felix Slim, músico co que Raúl colabora.

Podes ler aquí a entrevista que lle fixemos en 2023

Máis