REVISTA A MOVIDA >

29mai19:00Venres da EMAO: 'Nesta casa hai un artista. Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez'ARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+02:00) EMAO

Detalles do eventos

A exposición Serigrafía Galega 1971 reuniu no seu día a 19 artistas plásticos galegos, nomes que hoxe son ineludibles na historia da pintura galega.

Como colofón á exposición Serigrafía galega 1971. Tributo aos irmáns Álvarez Blázquez, que a EMAO programou en colaboración coa asociación Legado Activo Beiras Cal (LABC), neste Venres da EMAO achegarémonos a eles -coa secretaria do LABC, Carme Varela- a través da ollada de especialistas e familiares, que nos falarán sobre o momento creativo no que se atopaban cando se embarcaron na aventura de protagonizar a primeira colección de serigrafía da arte galega.

Entrada libre ata completar aforo. Máis información en https://emaonlinecovid.blogspot.com/

Hora

29 maio, 2026 19:00(GMT+02:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events