
Detalles do eventos
O artista e ourive Mario López, adicado á xoiería artística, destaca por ter unha obra persoal e particular. Nesta conferencia levaranos por unha retrospectiva da súa obra, para
Venres da EMAO. Mario López - A singularidade do obxecto
O artista e ourive Mario López, adicado á xoiería artística, destaca por ter unha obra persoal e particular. Nesta conferencia levaranos por unha retrospectiva da súa obra, para falar dos seus inicios, das súas creacións, das influenzas na súa obra, tales coma o debuxo, a pintura, a reciclaxe e, actualmente, a cerámica, na que nos amosará o seu estilo propio e maneira de traballar. Presentado por Sandra de Jesús (mestra de Ourivería da EMAO).
Venres 21 ás 19:00 h na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Entrada libre ata completar aforo.
Máis

(Venres) 19:00