24out19:00Venres da EMAO: Julio BarreiraACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) EMAO
Detalles do eventos
Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo artístico da Escola Municipal de Artes e Oficios) o pintor Julio Barreira dará unha charla sobre a súa traxectoria e
Detalles do eventos
Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo artístico da Escola Municipal de Artes e Oficios) o pintor Julio Barreira dará unha charla sobre a súa traxectoria e obras.
Julio Barreira é avogado de formación. A súa vocación artística chegou tarde, influída polo regreso a Galicia, a terra natal, e o redescubrimento da marabillosa contorna, despois de residir en Madrid durante moitos anos. Os inicios no debuxo son de xeito autodidacta co lapis e o pastel, pero no seu paso pola EMAO na especialidade de Debuxo descobre a acuarela, formándose paralelamente en técnicas pictóricas no estudio de Ana Soler. Estas formacións danlle pulo para dedicarse profesionalmente á actividade artística. Julio, como antigo alumno, vén á EMAO a contar a súa experiencia e os seus proxectos futuros.
Hora
24 outubro, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
EMAO
36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro


