>

12xuñ19:00Venres da EMAO: `Desatada e descosida´ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo acolle unha nova sesión dos Venres da EMAO coa charla “Desatada e descosida”, un encontro que abordará a colaboración entre o Máster en Creación Artística Contemporánea da Facultade de Belas Artes e a Aula de Deseño e Encaixe de Palillos da EMAO. A autora do proxecto e as súas titoras compartirán o proceso de investigación e creación, así como as aprendizaxes derivadas deste diálogo entre a universidade, a formación artística e a tradición téxtil.