CAMELIAS NADAL

28nov19:00Venres da EMAO: Cerámica AICAACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

Ricardo García Fernández é fillo, neto e bisneto de alfareiros. Aprendeu a tornear dende que era un neno, e leva media vida transmitindo o oficio herdado.
Ven aos “Venres da EMAO” para compartir a historia de AICA, que é a historia da súa familia. Orixinaria de Niñodaguia, emigrou a Cuba onde fundou unha empresa cerámica que chegou a ter 14 empregados, e máis tarde retornou a Galicia para instalarse en Mos.
Unha historia de tradición, cerámica, emigración e superación.

Presentado por Esther Quintas (mestra de Cerámica da EMAO)