VIALIA
MAGIC LAXE

Vencerse é cousa de se tratar

17mai20:00Vencerse é cousa de se tratarESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, estréase de maneira oficial ‘Vencerse é cousa de se tratar‘, unha homenaxe a Xela Arias.

Esta proposta escénica básease na obra Intempériome, o derradeiro libro de poemas publicado pola escritora en 2003 e trátase dun espectáculo de voz e música contemporánea de Xela Arias e Fernando Abreu, ca colaboración de Pablo Carrera e Mónica de Nut.

A obra materialízase nun acto tremendamente quebrantador, que traslada ao espectador ao núcleo da emoción irracional, onde ten cabida un diálogo interno no que a propia autora, por voz propia e a través da intervención dos diferentes elementos escénicos, acompáñanos a percorrer as temáticas máis recorrentes na súa obra.

No ano 2003 a poeta Xela Arias preparaba as presentacións do seu derradeiro libro Intempériome xunto ao músico Fernando Abreu coa idea de mesturar as dúas artes dende un punto de vista contemporáneo con espazo para improvisación libre e a palabra.
Como parte do traballo previo e co fin de analizar a emoción, o ritmo e o caracter dos recitados de Xela Arias, Fernando Abreu gravou os poemas do libro na propia voz de Xela. Aquelas gravacións que só tiñan a intención do estudo acabáronse por se converter nun documento único.

Será no Auditorio Municipal do Concello ás 20:00. Entrada de balde ata completar o aforo.

Máis

Hora

17 maio, 2021 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events