CANS

22mar12:0014:00Ven debuxar a carballeira da Barrocaactividades para o coco | de balde12:00 - 14:00(GMT+01:00) Navia

Detalles do eventos

O punto de encontro será na rúa dos Casaliños, 14 (Navia), no acceso á carballeira.
O obxectivo da sesión é pintar ao ár libre en compañía e valorizar este bosque, ameazado pola construción do Vigo Arena, a través do arte.
A Furia Verde convoca a artistas: persoas que ilustran, debuxan ou pintan, en calquera estilo ou formato, ben sexa profesionalmente ou como afeccionadas, a xuntarse o próximo domingo ás 12 h na carballeira da Barroca para celebrar a
chegada da primavera nunha xornada de debuxo ao ár libre. O obxectivo, ademáis de gozar dun encontro para pintar ao natural, é dar a coñecer e valorizar a carballeira da Barroca en Navia.
A xornada contará coa benvida de Jorge Pérez Conde, promotor da iniciativa, e de representantes da plataforma Salvemos a Barroca, que explicarán brevemente por qué é importante preservar este espazo e por qué está ameazado.

A organización avisa tamén de que haberá sorpresas en forma de acompañamento musical, e tamén o necesario silencio para gozar do debuxo.
A Furia Verde é unha iniciativa para coordinar “quedadas” para debuxar árbores, e máis específicamente árbores en perigo, como exercicio de atención e de memoria.

A idea foi promovida por Jorge Pérez Conde. Jorge é licenciado en Belas Artes, e ten unha traxectoria moi diversa como profesor de arte e acuarelista, cunha vocación pola experimentación en diversas disciplinas, da ilustración á cerámica. Lanzou esta idea entre amizades e deron en poñer en marcha estos encontros en colaboración con diferentes plataformas, asocacións veciñais e colectivos que están defendendo as árbores e as zonas verdes na cidade.

Por iso, esta primeira cita na Barroca vai da man da plataforma Salvemos a Barroca. Pero xa están planeando as seguintes quedadas, xa que “por desgraza, é unha situación endémica na cidade”.

“Queremos ser unha ferramenta que axude a visibilizar e valorizar estes árbores e estes espazos verdes, que están en perigo, a través do arte.” Jorge Pérez. A Furia Verde.

Programa:
12 h – Xuntanza no punto de encontro (rúa dos Casaliños 14, San Paio de Navia), acceso á Carballeira da Barroca e benvida de A Furia Verde e Salvemos a Barroca.
12.20 h – Distribución libre pola carballeira en busca de postos para debuxar. Intervencións musicais de acompañamento sorpresa.
14 h – Despedida A Furia Verde.

Por que é necesario dar a coñecer a Carballeira da Barroca: Máis de 40 tipos de aves, mamíferos coma o teixugo ou o ourizo e incontables plantas mediciñais teñen un fogar na Carballeira coñecida como A Barroca ou carballeira de Casaliños, en San Paio de Navia. Conta con exemplares de carballos centenarios que conviven cos máis novos.

É o derradeiro bosque aluvial da zona, e está en perigo por mor da construcción do multiusos Vigo Arena, que supón: A recalificación de 25.000 m2 de zona verde, incluindo a carballeira da Barroca. A transformación radical do barrio histórico e verde de San Paio de Navia para albergar un proxecto que nunca tivo que ser plantexado nun área residencial.

Hora

22 marzo, 2026 12:00 - 14:00(GMT+01:00)

Localización

Navia

Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events