07mar21:00Veladas–Ghibli TributoCONCERTOS | Desde 20,00 € 21:00(GMT+01:00) Mar de Vigo
Detalles do eventos
Concerto único en homenaxe ás obras máis icónicas do lendario estudio de animación xaponés Studio Ghibli. Baixo a máxica atmosfera creada por milleiros de velas,
Detalles do eventos
Concerto único en homenaxe ás obras máis icónicas do lendario estudio de animación xaponés Studio Ghibli.
Baixo a máxica atmosfera creada por milleiros de velas, interpretarase en directo as composicións máis queridas de películas como O viaxe de Chihiro, O meu amigo Totoro, A princesa Mononoke, O castelo ambulante e moitas máis. Este tributo busca transportar ao público ao corazón de cada historia, evocando a ternura, a aventura e a beleza que converteron a Studio Ghibli nun referente mundial do cine de animación. É un evento íntimo e evocador, pensado para todos os públicos e especialmente para quen medrou con estas historias ou atopou nelas unha fonte de inspiración e sensibilidade artística.
Unha experiencia sensorial para revivir emocións e celebrar a música que deu alma a tantos mundos imaxinarios.
Notas:
- Duración: aproximada 60 minutos, sen descanso
- Idade recomendada: todos os públicos
- Política de menores: até 2 anos (incluídos) non pagan se non ocupan butaca
Hora
7 marzo, 2026 21:00(GMT+01:00)

