
Detalles do eventos
O colectivo de arte urbana Paisajistas presenta “Vallas donde vayas”, unha mostra na que levan traballando desde principios de ano, unha recompilación dos seus traballos pintando “vallas”
Vallas donde vayas
O colectivo de arte urbana Paisajistas presenta “Vallas donde vayas”, unha mostra na que levan traballando desde principios de ano, unha recompilación dos seus traballos pintando “vallas” de publicidade que falan de contrapublicidade, medio ambiente, conciencia do entorno, contaminación visual… en todas estas creacións as cores sólidas e brillantes teñen moito protagonismo.
Paisajistas é un colectivo que leva facendo intervencións de rúa desde 2017, representando paisaxes naturais no espazo urbano. Nas súas obras, de gran formato, mesturan recursos formais e pintura “clásica” con técnicas máis propias do graffitti para descontextualizar as paisaxes e crear un dialógo co asfalto e os observadores.
A exposición será en Doutor Cadaval, 29, na parte de atrás do edificio das Galerías Príncipe. Inaugúrase o sábado 26 e estará aberta ata o 3 de decembro en horario de 19:00 a 22:00.
Máis
Novembro 26 (Venres) 19:00 - Decembro 3 (Venres) 22:00
Doutor Cadaval
Doutor Cadaval, 29