
'Roteiro 8-M'
08mar12:0021:00'Roteiro 8-M'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00 - 21:00(GMT+01:00)
Detalles do eventos
Este 8 de marzo xuntámonos para compartir o día, reivindicar e berrar, construír redes, escoitarnos e celebrar a forza que nos une para seguir loitando
Detalles do eventos
Este 8 de marzo xuntámonos para compartir o día, reivindicar e berrar, construír redes, escoitarnos e celebrar a forza que nos une para seguir loitando contra o patriarcado.
Varios espazos feministas da cidade organizan un roteiro no que todas poidamos percorrer lugares de seguridade e ocupar as rúas coa nosa voz e os nosos corpos:
Ás 12.00 en Nós Mesmas (@asociacion_nosmesmas, Rúa Torrecedeira, 19) comezamos o día vivíndonos, gozando xuntas e cargando as pilas para encher as rúas de loita pola tarde. Haberá unha sesión vermú co Bingo MUSIFEM, no que descubrir os mellores temas feministas de todos os tempos. Podes traer a túa bebida e picoteo para amenizar o baile.
A partir das 13.30 en A Morada (@amoradacooperativa, Rúa Enrique X. Macías, 6) xantar comunitario: leva o teu tupper, bocata ou petisco…. e ao rematar micro aberto! Tamén haberá materiais para deseñar cartaces e faixas que levar á manifestación.
Dende aí camiñarán xuntas ata a manifestación convocada por Resposta Feminista (@resposta_feminista.vg) ás 18.30 desde a Praza dos Cabalos ata a Porta do Sol.
Despois da mani rematarase o percorrido no CS A Revolta (@csrevolta, Rúa Real, 12) cun karaoke feminista.
Máis
Hora
8 marzo, 2025 12:00 - 21:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual