UNDERFEST

08dec21:00Valeria Castro pospón o seu concerto en VigoCONCERTOS | 12,00 €21:00(GMT+01:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Tras as críticas recibidas pola súa actuación en OT, a cantante anuncia un pequeno parón debido a problemas de saúde mental e agotamento físico que afecta ao recital en Vigo. O concerto móvese do 25 de outubro ao 8 de decembro.

Valeria Castro Rodríguez (Los Llanos de Aridane, La Palma, 28 de abril de 1999) é unha destacada cantautora española, recoñecida polo seu estilo único que fusiona o indie folk con influencias do folclore canario. Desde nena mostrou unha gran sensibilidade musical, comezando a tocar o piano aos catro anos e a cantar aos sete.

En 2025 lanzou o seu segundo álbum, El cuerpo después de todo, centrado en temas de vulnerabilidade e autodescubrimento e producido polo oito veces gañador do Latin Grammy, Carles Campi Campón.

Valeria acumula importantes recoñecementos, entre eles dúas nominacións aos Latin Grammy, unha nominación aos Premios Goya e galardóns como «Mellor Álbum de Raíz» nos Premios MIN, o Premio ACAEM e a Medalla de Ouro de Canarias.

Ao longo da súa carreira, colaborou con figuras icónicas como Julieta Venegas, Alejandro Sanz, La Oreja de Van Gogh, Silvana Estrada, Vetusta Morla, Vicente García ou Sílvia Pérez Cruz.

Entradas en teuticket

Hora

8 decembro, 2025 21:00(GMT+01:00)