VIALIA
bannerPicnicSesions

Vade Retro + Adrian Timms

16set17:0022:00Vade Retro + Adrian TimmsCONCERTOS| 10.00 €17:00 - 22:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

O xoves de 16 de setembro terá lugar o concerto de Vadre Retro e Adrian Timms na Fundación Sales.

Adrian Timms é un artista independente nacido en Inglaterra con influencias da música británica dos anos 90. Compoñendo melodías e letras desde pequeno no piano, en 2010 trasládase a Vigo para completar os seus estudos e comeza o seu canal de Youtube para darse a coñecer e atopar o seu estilo persoal. Pero o maior impulso que recibiu a súa carreira foi derivado das rúas de Vigo, onde cantaba e tocaba as súas pezas. O público vigués acolleuno cos brazos abertos, convertendoo nun referente da paisaxe sonora da cidade olívica.

No 2019 bota a vista atrás e rescata do seu caderno 10 das cancións que o acompañaron nestes primeiros 10 anos de creación artística para dar forma ao seu primeiro LP de estudo PART WON , que o público poderá escoitar este sábado. Un disco orgánico entre o Indie e o Folk cheo de maxia.

O prezo da entrada inclúe unha consumición (auga, cervexa ou refresco).

Máis

Hora

(Xoves) 17:00 - 22:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events