>

17xul(xul 17)21:30V Festival de Verán de BembriveFESTIVAIS E FEIRAS | De balde21:30(GMT+02:00) Bembrive

Detalles do eventos

A Asociación Sforza Bembrive presenta o cartel oficial da quinta edición do Festival de Verán, que se celebrará do 17 ao 20 de xullo de 2026 na Alameda da Ponte (Bembrive, Vigo).

Durante catro días, Bembrive encherase de música, cultura, convivencia e actividades para todas as idades, nun festival que medra ano tras ano grazas á implicación de artistas, entidades colaboradoras, institucións, voluntariado e público.

Programación

Venres 17 | 21:30 h
O Son da Nosa Infancia – Concerto da Banda de Iniciación, Infantil e Xuvenil do Ateneo Musical de Bembrive xunto a Lydia Botana.

Sábado 18 | 21:30 h
Chavellos Sinfónico – Espectáculo xunto ao Ateneo Musical de Bembrive.

Domingo 19 | 19:30 h
Festival de Bandas – Co Ateneo Musical de Bembrive e a Banda Municipal de Ribadumia.

Luns 20 | 21:30 h
Gran fin de festa con Crónicas Pop e DJ Oliveira – Ademais da programación musical, o festival contará con obradoiros de reciclaxe e ludoteca musical para a cativada.

Durante toda a celebración haberá servizo de cantina con comida e bebida, nun ambiente festivo e familiar.

Hora

17 xullo, 2026 21:30(GMT+02:00)

Localización

Bembrive

Estrada de Bembrive, 260, 36313 Vigo, Pontevedra

Other Events