V CERTAME DE RELATOS VIGO HISTÓRICO – A Movida

novembro, 2018

30nov20:00V CERTAME DE RELATOS VIGO HISTÓRICOENTREGA PREMIOS | De balde20:00 Sede Afundación

Máis

Detalles do evento

O venres 30 de novembro (20:00 horas, Auditorio da Sede da Fundación Abanca en Vigo) celebrarase o acto de entrega dos premios do V Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado pola Editorial Elvira e patrocinado polo Concello de Vigo e Abanca e no que a editorial colabora coa Fundación Igual Arte. Ademais, presentarase o quinto volume do libro Relatos na rúa, que se editou cos relatos premiados e unha selección dos máis destacados.

O relato Cara B, do pontevedrés Rodrigo Rey, é o gañador da quinta edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, mentres que o segundo premio foi para Los Flotantes, de Alejandro Salse. Son dous relatos moi diferentes. En Cara B o autor fai un percorrido polo Vigo da movida dende a visión do seu protagonista e persoas próximas a el, mentres que Los Flotantes é un relato de ciencia ficción
nun Vigo apocalíptico. O gañador recibirá un premio de mil euros, mentres que o segundo premio terá 500 euros e os 4 accésits, 200 euros cada un.
Na gala, presentada polo xornalista Jacobo Buceta, contaremos coa presenza dos premiados e dos catro accésit, ademais de que poderemos gozar coas actuacións da compañía Igual Arte. Hai que recordar que a Editorial Elvira colabora con esta Fundación, entregando un euro do prezo de cada libro vendido a esta institución.

Hora

(Venres) 20:00

Lugar

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

X