>

15xuñ12:3020:00Celébrase unha xornada conmemorativa polo V centenario de CamõesACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:30 - 20:00(GMT+02:00) Casa Galega da Cultura

Detalles do eventos

Celébrase unha xornada conmemorativa do V centenario do nacemento de Luís de Camões, organizada pola Fundación Penzol, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Estrutura de Missão para as Comemorações do Nascimento de Camões, coa colaboración do Concello de Vigo, o Consulado Xeral de Portugal e o Camões – Centro Cultural Português en Vigo.

A programación comezará ás 12:30 h coa inauguración da exposición De aquí o xerme saíu. Presenzas galegas de Camões no V centenario do seu nacemento, centrada na relación do poeta coa tradición cultural galega, a súa influencia nas letras do país e a conservación do seu legado bibliográfico, que inclúe documentación histórica de especial relevancia.

Na sesión da tarde, ás 16:30 h, desenvolverase unha presentación do libro Camões en Galicia (Galaxia, 2026), de Xosé Manuel Dasilva, seguida de varias conferencias que abordarán a lingua, a obra e a recepción contemporánea da figura do poeta desde perspectivas galegas e portuguesas.

Ás 18:30 h terá lugar un recital poético-musical coordinado por Marilar Aleixandre, directora da Sección de Literatura da
Real Academia Galega, coa participación de Henrique Monteagudo, Chus Pato, Ramón Nicolás, Claudia Morán, Rexina Vega e Fina Casalderrey, que culminará coa interpretación musical dun poema de Camões musicado por José Afonso.

A xornada pecharase ás 20:00 h cunha ofrenda floral na praza de Portugal, diante do busto do poeta, nun acto institucional organizado polo Consulado Xeral de Portugal en Vigo.

Hora

15 xuño, 2026 12:30 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Casa Galega da Cultura

Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra

Other Events