XERAIS

16mai20:30Concerto das Letras Galegas: UxíaCONCERTOS | De balde20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Como cada ano desde 2011, o Consello da Cultura Galega organiza un concerto arredor do Día das Letras Galegas. Ao ser Begoña Caamaño, a homenaxeada este ano, viguesa, a actuación terá lugar por tereceira vez na nosa cidade (2021, 2023 e 2026), concretamente no auditorio Mar de Vigo o sábado 16 de maio.

A artistas mosense Uxía, unha das voces máis salientables da música galega e, ademais, amiga de Caamaño, será a encargada de poñer a banda sonora nunha xornada tan especial. Moitas das cancións que interpretará están inspiradas en textos de Begoña, que aparecen recollidas no librodisco de próxima publicación Indómitas. 9 ondas a Begoña Caamaño. Ademais dos membros da súa banda (Santi Cribeiro, Isaac Palacín, Quim Farinha, Judith Almeida e Rafa Otero), Uxía estará acompañada por varias convidadas sorpresa. O concerto xirará arredor da personalidade de Begoña, unha muller libre, comprometida e feminista.

A entrada para o concerto é libre ata encher a capacidade do recinto, tamén poderá seguirse en directo a través da web do Consello da Cultura Galega e na Televisión de Galicia, no marco da programación do Día das Letras Galegas.

Hora

16 maio, 2026 20:30(GMT+02:00)