Urbano Lugrís "Pintor Maior do Mar" – A Movida

outubro, 2018

05out20:0005nov20:45Urbano Lugrís "Pintor Maior do Mar"EXPOSICIÓN TEMPORAL | De balde(outubro 5) 20:00 - (novembro 5) 20:45 Galería Montenegro

Máis

Detalles do evento

Urbano Lugrís (A Coruña, 1908- Vigo, 1973) é xa recoñecido como unha das grandes figuras da arte galega do século XX, sendo un dos artistas que desde o comezo da posguerra realizan unha obra máis relevante. Pintor dunha extremada singularidade, dono dun mundo paisaxístico cheo de maxia e estraña beleza que entronca co surrealismo, mais que tamén evoca co seu etéreo estatismo o mundo quatrocentista ou os primitivos flamengos, en especial as súas fabulosas paisaxes con tonalidades azuis, grises e verdes que frecuentemente dialogan nos seus cadros con abondosos obxectos, tratados cun pormenorizado preciosismo.

Datas da exposición: do 05 outubro ao 05 novembro
Horario:
– De luns á venres: 11 a 13:45 e de 17 a 20:45
– Sábado: 11:30 a 13.30
– Domingo: pechado

Entrada gratuita

Hora

Outubro 5 (Venres) 20:00 - Novembro 5 (Luns) 20:45

Lugar

Galería Montenegro

Rúa do Marqués de Valladares, 37, 36201 Vigo, Pontevedra

X