Detalles do eventos
Urban Sketchers Vigo é un grupo que forma parte dunha comunidade internacional de debuxantes especializados na ilustración de localizacións a través da observación directa. O
Detalles do eventos
Urban Sketchers Vigo é un grupo que forma parte dunha comunidade internacional de debuxantes especializados na ilustración de localizacións a través da observación directa. O sábado 2 de agosto organizan na cidade olívica a Quedada USK Galicia, que aglutina debuxantes urbanos de Galicia e do norte de Portugal.
Para aproveitar ao máximo as localizacións viguesas, prográmase o seguinte percorrido:
- 11:30 h: Punto de encontro no Monumento a los Galeones (Áncoras) do parque do Castro.
- 13:45 h: Foto de grupo nas Áncoras do Castro.
- Mediodía: Tapeo/ Comida. Baixada desde as áncoras ata o Casco Vello polas rúas Cachamuíña e Santiago ata o Paseo de Alfonso XII e, desde alí, á Praza da Constitución.
- 16:00 h: Punto de encontro no Monumento a Julio Verne no peirao deportivo para ilustrar a zona, o Casco Vello a Alameda e máis localizacións.
- 18:30 h: Foto final do grupo no Sireno, na Porta do Sol.
- 19:00 h: Reunión en Galería Maraca para compartir os debuxos, cadernos e pasar un bo rato cunhas cervexas e música.
Aínda que a comunidade aglutine a distintos profesionais do sector, o único requisito para entrar nela é compartir a paixón por debuxar e documentar os espazos que se habitan. O estilo e a técnica empregadas son libres, sexa con lapis ou pincel, calquera pode probar e integrarse no grupo.
A proposta nace no 2007 en Seattle cunha intención reivindicativa do valor artístico e educativo do retrato de lugares. Co paso dos anos, numerosas localidades uníronse aos Urban Sketchers. Aínda que miles de grupos no mundo realizan esta actividade, só 514 son oficialmente parte desta rede global. O grupo vigués, creado no 2022, é o único en Galicia que conta con esta distinción. A xuntanza en Vigo celebra este logro, o cal permite que un grupo local poida sentirse parte de algo moito máis grande.
Recoméndase contactar coa organización para confirmar a asistencia (Instagram: @uskvigo).
Hora
2 agosto, 2025 Todo o día(GMT+02:00)
Localización
O Castro
2 10, Paseo de Alfonso XII, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
outubro




