UNIVERS

05mar16:30UNIVERSPEQUERRECHOS | 5,00 €16:30(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril no Auditorio Municipal de Concello.

Máis información sobre todos os espectáculos de Vigocultura 2023 aquí e no folleto online.

Entradas a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería Libros para soñar. Poden adquirirse en packs de 5 ou 10 espectáculos con desconto.

UNIVERS, Engruna Teatre

Domingo 5, 12:30, 16:30 e 18:00 h

Teatro para bebés. 0-2 anos.

Autoría: Anna Farriol, Mireia Fernández, Txell Felip e Jùlia Santacana
Dirección: Mireia Fernández
Adaptación: Engruna Teatre
Escenografía: Clàudia Vilà
Deseño de son e música: Jordi Sala
Deseño de iluminación: Ganecha Gil
Vestiario: ArtandSeams
Intérpretes: Anna Farriol, Iria Corominas, Júlia Santacana e Jordi Sala

Unha experiencia sensorial para a primeira infancia chea de poesía visual, música en directo e movemento. Individuos, obxectos, que se desordenan, móvense, volven a ordenarse. Que atopan o equilibrio e a harmonía dentro da inmensidade. Que buscan como existir no medio do caos, nun lugar concreto e nun instante preciso. Cada
habitante deste cosmos, cada son, cada movemento, está suxeito a unha fráxil relación con todo o resto.
Univers é un espazo onde convivir coa nosa vulnerabilidade e a capacidade de adaptarnos a cada nova situación. Un lugar onde explorar como o máis pequeno e aparentemente insignificante pode cambialo todo da forma máis inesperada. Unha vivencia única e irrepetible que se constrúe de novo cada vez e se converte nunha viaxe
evocadora e inmersiva.

Máis

Hora

(Domingo) 16:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events