Unhas cores, un sentimento – A Movida

outubro, 2018

26out21:15Unhas cores, un sentimentoPRESENTACIÓN VIDEOCLIP | De balde21:15 AVV Val do Fragoso

Detalles do evento

Agora si que si, que desta vai!

Fixéronse agardar, mais o vindeiro VENRES 26 de OUTUBRO a banda Keltoi estrenan os videoclips de “Unhas Cores, Un Sentimento”.
E falamos en plural porque xa metidos en fariña, ademáis da versión máis rockeira fixeron tamén o video da versión acústica.

Todo iso máis un “como se fixo” presentarase ás 21.15 no salón de actos da Asociación de Veciños e Veciñas do Val do Fragoso.

A entrada é de balde e o bar da asociación terá prezos populares funcionando coma sempre.

Hora

(Venres) 21:15

Lugar

AVV Val do Fragoso

Rúa Val Miñor, 1-3, 36210 Vigo, Pontevedra

X