REVISTA ABRIL

'Unha xeografía atormentada', de Javier Teniente

17xuñ(xuñ 17)18:0005set(set 5)21:00'Unha xeografía atormentada', de Javier TenienteARTE E MUSEOS| De balde(xuño 17) 18:00 - (setembro 5) 21:00(GMT+02:00) Casa das Artes

Detalles do eventos

Os amantes da fotografía xa están tardando en acudir en masa á Casa das Artes (Rúa Policarpo Sanz, 15), onde poden gozar na súa planta baixa da exposición Unha xeografía atormentada, do vigués Javier Teniente. Un fotógrafo documental dos de antes, da vella escola, cuxas imaxes desprenden unha enorme honestidade e forza visual á altura de moi poucos. Unha mostra de talla mundial que nos leva da man polas desgrazas que sufriron os habitantes de países tan dispares como Honduras, Iraq, Senegal, Haití, Timor, India ou Kosovo. Guerras, furacáns, terremotos, tsunamis, éxodos… todo retratado cunha crueza que impacta.

Máis de 20 anos despois, Teniente volve a expoñer na Casa das Artes, onde no ano 2000 presentou Emergencias humanitarias, unha mostra que máis tarde viaxou por Londres, Roma, Madrid, París e Atenas. Neste novo proxecto non só atopamos imaxes tomadas en lugares remotos, senón tamén de persoas sen teito en Vigo, mineiros en León ou inmigrantes africanos nos invernadoiros de Murcia.

No seu texto sobre a exposición, o comisario Jorge Lens recalca “o compromiso da mirada” de Teniente, un trotamundos incansable en busca da imaxe perfecta. O seu traballo resulta dun valor incalculable como depósito dos rostros e das paisaxes deste mundo problemático que tan ben coñece o fotógrafo olívico , que deu os seus primeiros pasos en Atlántico Diario e Faro de Vigo. Lens incide tamén na inexistencia “dunha mirada folclórica da pobreza” nas súas imaxes, algo de suma importancia á hora de plasmar sobre o carrete (ou en dixital) o dor da xente. Unha xeografía atormentada é unha oportunidade idónea para descubrir o universo de Teniente nestes últimos 25 anos. Iso si, o fotógrafo non o quere considerar unha retrospectiva, pois espera seguir capturando moitos máis momentos únicos nas próximas décadas.

  • De luns a venres .- De 18:00 a 21:00 h.
  • Sábados.- De 12,00 a 14,00 e de 18:00 a 21:00 h.
  • Domingos e festivos.- De 12,00 a 14,00 h.

Máis

Hora

Xuño 17 (Xoves) 18:00 - Setembro 5 (Domingo) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Casa das Artes

Policarpo Sanz, 15, Vigo

Other Events