maio, 2019

06mai(mai 6)17:3002xuñ(xuñ 2)20:30'Unha viaxe solidaria e creativa á vida'EXPOSICIÓN | De balde(maio 6) 17:30 - (xuño 2) 20:30 Sede Afundación

Máis

Detalles do evento

Trátase dun proxecto expositivo colectivo no que participan coas súas obras 55 artistas galegos, a maioría deles de Vigo, coordinados por Mingos Teixeira, Gonzalo Selles, Álvaro Rodríguez e Sara Pérez, para recadar fondos en beneficio do programa «Viaxe cara á vida» organizado pola ONG. A mostra poderase visitar a partir do vindeiro luns 6 de maio na Sala de Exposicións I da Sede Afundación de Vigo, aínda que o acto de inauguración terá lugar o xoves 9 de maio ás 19.30 h. O horario de visitas é de luns a sábado de 17.30 a 20.30 h.

O PROGRAMA «VIAXE CARA Á VIDA»
«Viaxe cara á vida» é un programa sanitario promovido pola Fundación Tierra de Hombres, que facilita desde 1995 o traslado a España de nenas e nenos procedentes de países africanos cun baixo índice de desenvolvemento, entre eles Togo, Benín, Mauritania, Senegal, Marrocos e Guinea Conakry, para ser intervidos de diferentes e graves patoloxías que non poden ser atendidas nos seus lugares de orixe por falta de recursos e infraestruturas sanitarias adecuadas. Durante este período foron operados case 700 nenos e nenas, 97 deles en Galicia, de cardiopatías, queimaduras ou problemas traumatolóxicos e maxilofaciais. No proxecto colaboran de forma altruísta hospitais da sanidade pública e privada (en Galicia, o Hospital Materno Infantil da Coruña, Hospital Clínico de Santiago, o Grupo Hospitalario HM La Rosaleda de Santiago de Compostela e o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo), equipos médicos, voluntariado e familias de acollida.

Hora

Maio 6 (Luns) 17:30 - Xuño 2 (Domingo) 20:30

Lugar

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

X