12mar20:00Unha señora orquestra con Ailén KendelmanESPECTÁCULOS | De balde 20:00(GMT+01:00) A Morada
Detalles do eventos
Unha señora orquestra é o proxecto de muller orquestra que presenta a música e actriz Ailén Kendelman. Unha proposta singular na que a artista acciona varios instrumentos a
Detalles do eventos
Unha señora orquestra é o proxecto de muller orquestra que presenta a música e actriz Ailén Kendelman. Unha proposta singular na que a artista acciona varios instrumentos a través dun curioso sistema de mecanismos, cordas e roldanas cos que interpreta con habilidade ritmos galegos, músicas do leste e folclore latinoamericano.
O público que entra no mundo de Unha señora orquestra forma parte dun espectáculo cheo de humor e tenrura, move o esquelete con temas bailables e chalados, canta con ela as súas letras reivindicativas e un chisco picantes. Nestes tempos onde impera a “multitarefa” e a intelixencia artificial ameaza con gobernalo todo, poucas cousas hai tan contemporáneas e nostálxicas como un encontro con esta muller orquestra.
Este evento é un ensaio aberto. Isto quere dicir que ides ver un adianto do espectáculo en primicia pero que, tamén, é un espectáculo aínda en proceso de creación.
Hora
12 marzo, 2026 20:00(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra


