Este é un evento repetitivo

Unha ponte coa lusofonía

01dec19:30Unha ponte coa lusofoníaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Centro Cultural Camões Vigo

Detalles do eventos

O próximo xoves 3 de novembro, Abella Producións vai poñer en marcha a segunda edición do proxecto Unha Ponte coa Lusofonía II, unha programación cinematográfica coa que achegará ao Centro Cultural Camões de Vigo curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil e Galicia.

A mostra trae a Vigo producións da XV edición do proyecto Novocine, da Embaixada de Brasil en España, como la película brasileira Sertânia , o filme foi o último traballo dirixido polo cineasta Geraldo Sarno que faleceu en febreiro deste ano. O filme está ambientado no Nordeste brasileiro, con fotografia en branco e negro, mostra a relación entre a vida e a morte, narrado como un western tropical . A mostra tamén proxectará a premiada curtametraxe Portugal Pequeno, de Victor Quintanilla, sobre o soños e conflictos dun mozo da periferia do Rio de Janeiro.

Este será o primeiro dos catro eventos programados por Unha Ponte coa Lusofonía II, que continuará os días 10 de novembro, 24 de novembro e 1 de decembro. Todos os eventos son gratuítos e comezan ás 19:30 h na sede do Centro Cultural Camões de Vigo. A mostra conta co apoio da Deputación de Pontevedra, da Embaixada de Brasil en España, través do proxecto Novocine e o Centro Cultural Camões de Vigo.

Esta mostra lusófona tamén estará complementada cunha Exposición fotográfica: Detrás da cámara: Unha viaxe polas rodaxes do cinema galego, a cal poderá visitarse no Café UF do 15 de novembro ao 15 de decembro

Resumo da programación

3 de novembro – 19:30h
Portugal pequeno, de Victor Quintanilla (Brasil)
Sertânia , de Geraldo Sarno (Brasil)

10 de novembro – 19:30h
O homem do lixo, de Laura Gonçalves (Portugal)
O labirinto da saudade, de Miguel Gonçalves Mendes (Portugal)

24 de novembro – 19:30h
Augas abisais, de Xacio Baño (Galícia)
La isla de las mentiras, de Paula Cons (Galicia)

1 de decembro – 19:30h
O niño dos paxaros, de Lucia Estévez (Galicia)
A vida invisível de Eurídice Gusmão, de Karim Aïnouz (Brasil)

Máis